                                    Ampliar
                                   Tux Paint
                                 versión 0.9.27

    Copyright © 2002-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
                            http://www.tuxpaint.org/

                             19 de Setembro de 2021

     ----------------------------------------------------------------------

   +--------------------------------------------------------------+
   |Índice                                                        |
   |--------------------------------------------------------------|
   |  * Onde van os ficheiros                                     |
   |       * Ficheiros estándar                                   |
   |       * Ficheiros persoais                                   |
   |  * Pinceis                                                   |
   |       * Opcións de pinceis                                   |
   |  * Selos                                                     |
   |       * Imaxes de selos                                      |
   |       * Texto descritivo do selo                             |
   |       * Efectos de son dos selos                             |
   |       * Son descritivo do selo                               |
   |       * Opcións de selos                                     |
   |       * Selos prereflectidos e invertidos                    |
   |  * Tipos de letra                                            |
   |  * «Imaxes de comezo»                                        |
   |       * Imaxes «de comezo» ao estilo dun libro para colorar  |
   |       * Imaxes «de comezo» ao estilo dunha escena            |
   |  * «Modelos»                                                 |
   |  * Traducións                                                |
   |  * Métodos de entrada alternativos                           |
   |  * Teclado en pantalla                                       |
   +--------------------------------------------------------------+

     ----------------------------------------------------------------------

   Se quere engadir ou cambiar cousas como pinceis, imaxes de comezo, selos
   de goma e outros contidos empregados por Tux Paint, pode facelo con
   bastante facilidade simplemente engadindo, cambiando ou eliminando
   ficheiros onde os busque Tux Paint.

   Nota: Deberá reiniciar Tux Paint para que os cambios teñan efecto.

     ----------------------------------------------------------------------

Onde van os ficheiros

  Ficheiros estándar

       Tux Paint busca os seus diferentes ficheiros de datos no directorio
       «data».

    Linux e Unix

         Onde vai este directorio depende do valor estabelecido para
         «DATA_PREFIX» cando se construíu Tux Paint. Vexa a «Documentación de
         instalación» para máis detalles.

         De xeito predeterminado, o directorio é:

           /usr/local/share/tuxpaint/

         Se instalou dende un paquete, o máis probábel é que sexa:

           /usr/share/tuxpaint/

    Windows

         Tux Paint busca un directorio chamado «data» no mesmo directorio que
         o executábel. Este é o directorio que utilizou o instalador ao
         instalar Tux Paint p. ex.:

           C:\Program Files\TuxPaint\data

    macOS

         Tux Paint almacena os seus ficheiros de datos dentro da icona da
         aplicación «Tux Paint» (que en realidade é un tipo de cartafol
         especial en macOS e Mac OS X antes). Os seguintes pasos explican
         como chegar aos cartafoles dentro del:

          1. Abra un menú «contextual» mantendo premida a tecla [Control] e
             premendo na icona de Tux Paint no Finder (buscador). (Se ten un
             rato con máis dun botón, pode simplemente premer co botón
             dereito na icona.)
          2. Seleccione «Amosar contido» no menú que aparece. Aparecerá unha
             nova xanela Finder cun cartafol dentro chamado «Contido».
          3. Abra o cartafol «Contido» e abra o cartafol «Recursos» que se
             atopa dentro.
          4. Alí atoparás varios subcartafoles, como «imaxes de comezo»,
             «selos», «pinceis», etc. Engadindo novo contido a estes
             cartafoles fará que o contido estea dispoñíbel para calquera
             usuario que inicia copia (icona) de Tux Paint .

         Nota: Se instala unha versión máis recente de Tux Paint e substitúe
         ou desbota a versión antiga, perderá os cambios feitos seguindo as
         instrucións anteriores, así que garde as copias de seguridade do seu
         novo contido (selos, pinceis, etc.) .

         Tux Paint tamén busca ficheiros nun cartafol «TuxPaint» que pode
         colocar no seu sistema no cartafol «Application Support» (atópase en
         «Library» na raíz do seu sistema de ficheiros):

           /Library/Application Support/TuxPaint/

         Cando actualice a unha versión máis recente de Tux Paint, o contido
         deste cartafol «TuxPaint» seguirá sendo o mesmo e permanecerá
         accesíbel por todos os usuarios de Tux Paint.

     ----------------------------------------------------------------------

  Ficheiros persoais

       Tamén pode crear pinceis, selos, «imaxes de comezo», modelos e tipos
       de letra no directorio da súa propia conta de usuario (cartafol) para
       que Tux Paint poida atopalos.

    Windows

         O seu cartafol persoal de Tux Paint almacénase nos seus «Datos da
         aplicación» persoais. Por exemplo, nos Windows máis recentes:

           C:\Documentos e axustes\(nome de usuario)\Datos da
           aplicación\TuxPaint\

    macOS

         O seu cartafol persoal de Tux Paint almacénase no cartafol persoal
         «Application Support»:

           /Users/(nome de usuario)/Library/Application Support/TuxPaint/

    Linux e Unix

         Os seus ficheiros persoais de Tux Paint van a un «directorio
         agochado» que se atopa no directorio persoal da súa conta:
         «$(HOME)/.tuxpaint/» (tamén coñecido como «~/.tuxpaint/»).

         É dicir, se o seu directorio persoal é «/home/tux», entón os
         ficheiros persoais de Tux Paint entrarán en «/home/tux/.tuxpaint/».

         Non esqueza o punto («.») antes de «tuxpaint»!

       Para engadir os seus propios pinceis, selos, «imaxes de comezo»,
       modelos e tipos de letra, cree subdirectorios no seu directorio
       persoal de Tux Paint chamados «brushes», «stamps», «starters»,
       «templates», «fonts», , respectivamente.

       (Por exemplo, se creou un pincel chamado «flor.png», poñeríao en
       «~/.tuxpaint/brushes/» en Linux ou Unix.)

     ----------------------------------------------------------------------

Pinceis

     Os pinceis empregados para debuxar coas ferramentas «Pincel» e «Liñas»
     en Tux Paint son simplemente ficheiros de imaxe PNG.

     A alfa (transparencia) da imaxe PNG úsase para determinar a forma do
     pincel, o que significa que a forma pode ser «alisado» e incluso
     parcialmente transparente.

     Os píxeles de escala de grises no pincel PNG debuxaranse empregando a
     cor seleccionada actualmente en Tux Paint. Os píxeles de cor
     tinguiranse.

  Opcións de pinceis

       Ademais de a graphical shape, a brushes tamén se lle poden dar outros
       atributos. Para facelo, cómpre crear un «ficheiro de datos» para
       brush.

       Un ficheiro de datos de brush's é simplemente un ficheiro de texto
       ASCII simple que contén as opcións de brush.

       O ficheiro ten o mesmo nome que a imaxe PNG, pero unha extensión
       «.dat». (p. ex.: o ficheiro de datos de «pincel.png» é o ficheiro de
       texto «pincel.dat», que se atopa no mesmo directorio.)

    Espazado do pincel

         A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, agora pode especificar o
         espazado para os pinceis (é dicir, a frecuencia coa que se debuxan).
         De xeito predeterminado, o espazado será a altura do pincel,
         dividido por 4.

         Engada unha liña que conteña a liña «spacing=N» ao ficheiro de datos
         do pincel, onde «N» é o espazado que quere para o pincel. (Canto
         menor sexa o número, máis veces se debuxa o pincel.)

    Pinceis animados

         A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, pode crear pinceis
         animados. A medida que se usa o pincel, debúxase cada cadro da
         animación.

         Coloca cada cadro nunha ampla imaxe PNG. Por exemplo, se o pincel
         ten 30x30 e ten 5 fotogramas, a imaxe debería ser 150x30.

         Engada unha liña que conteña a liña «frames=N» ao ficheiro de datos
         do pincel, onde «N» é o número de fotogramas do pincel.

         Nota: Se prefire que os fotogramas se pasen ao chou, no canto de
         secuencialmente, engada tamén unha liña que conteña «random» ao
         ficheiro de datos do pincel.

    Pinceis direccionais

         A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, pode crear pinceis
         direccionais. A medida que se usa o pincel, debúxanse diferentes
         formas, dependendo da dirección na que vaia.

         As formas direccionais divídense nun cadrado de 3x3 nunha imaxe PNG.
         Por exemplo, se o pincel ten 30x30, a imaxe debería ser 90x90 e cada
         unha das formas da dirección colocadas nunha grade 3x3. A rexión
         central úsase sen movemento. A parte superior dereita úsase para o
         movemento cara arriba e á dereita. E así sucesivamente.

         Engada unha liña que conteña a palabra «directional» ao ficheiro de
         datos debrush's.

    Rotating Brushes

         As of Tux Paint version 0.9.27, you may now create rotating brushes.
         As the brush is used, it is rotated 360 degrees, depending on the
         direction the brush is going.

         Engada unha liña que conteña a palabra «rotate» ao ficheiro de datos
         debrush's.

    Animated Directional or Rotating Brushes

         You may mix both animated and either directional or rotating
         features into one brush. Use both options desired ("frames=N" and
         "directional" or "rotate"), in separate lines in the brush's ".dat"
         file.

         For directional brushes, lay the brush out so that each 3x3 set of
         directional shapes are laid out across a wide PNG image. For
         example, if the brush is 30x30 and there are 5 frames, it would be
         450x90. (The leftmost 150x90 pixels of the image represent the 9
         direction shapes for the first frame, for example.)

     Coloque os ficheiros PNG de pincel (e calquera ficheiro de texto de
     datos) no directorio «brushes».

     Nota: Se o seu novo brushes sae como cadrados ou rectángulos sólidos, é
     porque esqueceu usar a transparencia alfa. Vexa a «Documentación PNG» en
     Tux Paint para obter máis información e consellos.

     ----------------------------------------------------------------------

Selos

     Todos os ficheiros relacionados co selo van no directorio «stamps». É
     útil crear alí subdirectorios e subsubdirectorios para organizar os
     selos. (Por exemplo, pode ter un cartafol «vacacións» con subcartafoles
     «samaín» e «nadal»).

  Imaxes de selos

       Os selos de caucho en Tux Paint poden estar formados por varios
       ficheiros separados. O único ficheiro necesario é, por suposto, a
       imaxe en si.

       A partir da versión 0.9.17 de Tux Paint, os selos poden ser imaxes de
       mapa de bits PNG ou imaxes vectoriais SVG. Poden ser a toda cor ou en
       escala de grises. A canle alfa (transparencia) dos PNG utilízase para
       determinar a forma real da imaxe (se non, marcará un rectángulo grande
       nos seus debuxos).

       Os PNG poden ter calquera tamaño e Tux Paint (de xeito predeterminado)
       ofrece un conxunto de botóns de tamaño para que o usuario poida
       escalar o selo cara arriba (máis grande) e cara abaixo (máis pequeno).

       Os SVG están baseados en vectores e escalaranse axeitadamente para o
       tamaño do lenzo que se use en Tux Paint.

       Nota: Se o seu novo PNG-based stamps sae como cadrados ou rectángulos
       sólidos, é porque esqueceu usar a transparencia alfa. Vexa a
       «Documentación PNG» en Tux Paint para obter máis información e
       consellos.

       Nota: Se os seus novos selos SVG parecen ter moito espazo en branco,
       asegúrese de que o «documento» SVG non sexa maior que a(s) forma(s)
       que contén. Se se están recortando, asegúrese de que o «documento» é
       grande de abondo como para conter a(s) forma(s). Vexa a «Documentación
       SVG» en Tux Paint para obter máis información e consellos.

       Usuarios avanzados: O documento «Como facer os selos avanzados»
       describe detalladamente como facer imaxes PNG que se adaptarán
       perfectamente cando se usen como selos en Tux Paint.

     ----------------------------------------------------------------------

  Texto descritivo do selo

       Tux Paint amosará texto descritivo cando se seleccione un selo. Estes
       colócanse en ficheiros de texto sinxelo co mesmo nome que PNG ou SVG,
       pero cunha extensión de nome de ficheiro «.txt». (p. ex.: a descrición
       de «selo.png» almacénase en «selo.txt» no mesmo directorio.)

       A primeira liña do ficheiro de texto usarase como a descrición da
       imaxe do selo en inglés dos EUA. Debe estar codificado en UTF-8.

    Compatibilidade da localización

         Pódense engadir liñas adicionais ao ficheiro de texto para fornecer
         traducións da descrición, que se amosarán cando Tux Paint estea a
         executarse nun idioma diferente (como o francés ou o español).

         O comezo da liña debería corresponder ao código de idioma do idioma
         en cuestión (por exemplo, «fr» para o francés e «zh_TW» para o
         chinés tradicional), seguido de «.utf8=» e a descrición traducida
         (Unicode, codificado en UTF-8).

         Para os desenvolvedores de Tux Paint: Hai scripts no directorio «po»
         para converter os ficheiros de texto ao formato PO (e posterior)
         para facilitar a tradución a diferentes idiomas. Polo tanto, nunca
         debería engadir nin cambiar traducións directamente nos ficheiros
         «.txt».

         Se non hai tradución dispoñíbel para o idioma en que se está a
         executar Tux Paint, utilízase o texto en inglés dos EUA.

    Usuarios de Windows

         Use NotePad ou WordPad para editar/crear estes ficheiros. Asegúrese
         de gardalos como texto simple e asegúrese de que teñen unha
         extensión «.txt» ao final do nome do ficheiro.

     ----------------------------------------------------------------------

  Efectos de son dos selos

       Tux Paint pode reproducir un efecto de son cando se selecciona un
       selo. Por exemplo, o son dun pato tremendo cando se selecciona un pato
       ou unha breve peza musical cando se escolle un instrumento musical. Os
       ficheiros poden estar en formatos «WAVE (".wav")» ou «OGG Vorbis
       (".ogg")» e reciben o mesmo nome que a imaxe PNG ou SVG. (p. ex.: o
       efecto de son de «selo.svg» é o ficheiro de son «selo.ogg» no mesmo
       directorio.)

    Compatibilidade da localización

         Para sons para distintos idiomas (p. ex.: se o son é alguén que di
         unha palabra e quere versións traducidas da palabra dita), cree
         tamén ficheiros WAV ou OGG coa etiqueta de idioma no nome do
         ficheiro, na forma: «selo_IDIOMA.EXT»

         The efecto de son that will be played when the stamp corresponding
         to the image file "selo.png" is selected, and when Tux Paint is
         using the Spanish locale, would be "selo_es.wav". Under the French
         locale, it would be "selo_fr.wav". Under the Brazilian Portuguese
         locale, "selo_pt_BR.wav". And so on...

         Se non se pode cargar efecto de son localizado, Tux Paint tentará
         cargar o ficheiro de son «predeterminado». (por exemplo, «selo.wav»)

       Nota: para sons descritivos (non efectos de son, como un estrondo ou o
       chío dun paxaro), considere o uso de sons descritivos; vexa «Son
       descritivo do selo», a continuación.

     ----------------------------------------------------------------------

  Son descritivo do selo

       Tux Paint tamén pode reproducir un son descritivo cando se selecciona
       un selo. Por exemplo, o son de alguén que di a palabra «pato» cando
       selecciona un pato ou o nome dun instrumento musical cando se elixe
       un. Os ficheiros poden estar en formatos «WAVE (".wav")» ou «OGG
       Vorbis (".ogg")» e reciben o mesmo nome que a imaxe PNG ou SVG, con
       «_desc» ao final. (p. ex.: o son descritivo de «selo.svg» é o ficheiro
       de son «selo_desc.ogg» no mesmo directorio.)

    Compatibilidade da localización

         Para sons descritivos de diferentes idiomas, cree tamén ficheiros
         WAV ou OGG con ambos «_desc» e a etiqueta local no nome do ficheiro,
         na forma: «selo_desc_IDIOMA.EXT»

         The son descritivo that will be played when the stamp corresponding
         to the image file "selo.png" is selected, and when Tux Paint is
         using the Spanish locale, would be "selo_desc_es.wav". Under the
         French locale, it would be "selo_desc_fr.wav". Under the Brazilian
         Portuguese locale, "selo_desc_pt_BR.wav". And so on...

         Se non se pode cargar son descritivo localizado, Tux Paint tentará
         cargar o ficheiro de son «predeterminado». (por exemplo,
         «selo_desc.wav»)

     ----------------------------------------------------------------------

  Opcións de selos

       Ademais de a graphical shape, a textual description, a sound effect,
       and a descriptive sound, a stamps tamén se lle poden dar outros
       atributos. Para facelo, cómpre crear un «ficheiro de datos» para
       stamp.

       Un ficheiro de datos de stamp's é simplemente un ficheiro de texto
       ASCII simple que contén as opcións de stamp.

       O ficheiro ten o mesmo nome que a imaxe PNG or SVG, pero unha
       extensión «.dat». (p. ex.: o ficheiro de datos de «selo.png» é o
       ficheiro de texto «selo.dat», que se atopa no mesmo directorio.)

    Selos de cores

         Os selos pódense facer «colorábeis» ou «tinguíbeis».

      Colorábel

           Os selos «colorábeis» funcionan como os pinceis: escolla o selo
           para obter a forma e logo escolla a cor que quere que sexa. (Os
           selos de símbolos, como os matemáticos e os musicais, son un
           exemplo).

           Non se usa nada sobre a imaxe orixinal agás a transparencia (da
           canle «alfa»). A cor do selo sae sólida.

           Engada unha liña que conteña a palabra «colorable» ao ficheiro de
           datos destamp's.

      Tinguido

           Os selos «tinguidos» son semellantes aos «colorábeis», agás que se
           conservan os detalles da imaxe orixinal. (Para dicilo
           tecnicamente, úsase a imaxe orixinal, pero a súa tonalidade
           cambia, en función da cor seleccionada actualmente).

           Engada unha liña que conteña a palabra «tintable» ao ficheiro de
           datos destamp's.

        Opcións de tintura:

             Dependendo do contido do seu selo, é posíbel que queira que Tux
             Paint use un dos varios métodos para tinguilo. Engada unha das
             seguintes liñas ao ficheiro de datos do selo:

             Tinguido normal — "tinter=normal" (o predeterminado)
                     This is the normal tinting mode. First, the primary hue
                     of the stamp is determined. (For example, a picture of a
                     flower with a stem will have the petal color seen as the
                     primary hue of the overall image.) Next, the most highly
                     saturated part of the picture is found. With "normal
                     tinter", the range of hue used to do this starts out
                     within ±18° of the pimary hue found in step 1. (If none
                     can be found, it widens the range by 50% and tries
                     again.) Finally, the image is tinted. Anything falling
                     within 50% of the range (e.g., ±27°) is altered to have
                     the hue of the color chosen by the user.

             Tinguido estreito — "tinter=narrow"
                     This like the "normal" option described above, but
                     starts a narrower hue range of ±6°. Anything found
                     within 50% of the range (e.g. ±9°) is tinted. If too
                     much of your stamp is being tinted, try this option.

             Tinguir de «calquera tonalidade» — "tinter=anyhue"
                     This remaps all hues in the stamp. It works similarly to
                     the "anyhue" and "narrow" options described above, but
                     the hue range is ±180°.

             Tinguido vectorial — "tinter=vector"
                     Isto asigna de «negro a través branco» a «negro a través
                     do destino».

    Selos inalterábeis

         De xeito predeterminado, un selo pode inverter (poñer do revés),
         amosarse como unha imaxe reflectida ou ámbalas dúas cousas. Isto
         faise usando os botóns de control situados baixo o selector de
         selos, na parte inferior dereita da pantalla en Tux Paint.

         Ás veces, non ten sentido que un selo poida ser invertido ou
         reflectido; por exemplo, selos de letras ou números. Ás veces, os
         selos son simétricos, polo que non é útil deixar que os usuarios os
         invertan ou reflictan.

         Para evitar que un selo sexa from being flipped vertically, engada a
         opción «noflip» no ficheiro de datos do selo.

         Para evitar que un selo sexa from being mirrored horizontally,
         engada a opción «nomirror» no ficheiro de datos do selo.

    Tamaño inicial do selo

         De xeito predeterminado, Tux Paint asume que o seu selo ten o tamaño
         axeitado para ser visto sen escala nun lenzo de 608x472. Este era o
         tamaño orixinal do lenzo de Tux Paint, fornecido por unha pantalla
         de 640x480. Tux Paint axustará o selo segundo o tamaño actual do
         lenzo e, se está activado, os controis do tamaño do selo do usuario.

         Se o seu selo fose demasiado grande ou moi pequeno, pode especificar
         un factor de escala. Se o seu selo fose 2,5 veces máis largo (ou
         alto) do que debería ser, engada unha das seguintes opcións, que
         representan o mesmo axuste, ao ficheiro de datos do selo. (Pódese
         incluír un signo igual, «=» após a palabra «scale».)

           * "scale 40%"
           * "scale 5/2"
           * "scale 2.5"
           * "scale 2:5"

    Usuarios de Windows

         Use NotePad ou WordPad para editar/crear estes ficheiros. Asegúrese
         de gardalos como texto simple e asegúrese de que teñen unha
         extensión «.txt» ao final do nome do ficheiro.

  Selos prereflectidos e invertidos

       Nalgúns casos, pode que queira fornecer unha versión deseñada
       previamente da imaxe reflectida, da imaxe invertida ou incluso de
       ámbalas dúas. Por exemplo, imaxine unha foto dun camión de bombeiros
       coa palabra «Bombeiros» escritas á beira. Probabelmente non quererá
       que o texto apareza cara atrás cando se reflicte a imaxe.

       Para crear unha versión reflectida dun selo que quere que use Tux
       Paint, no canto de reflectila vostede mesmo, simplemente cree un
       segundo ficheiro gráfico «.png» ou «.svg» co mesmo nome, agás con con
       «_mirror» antes da extensión do nome do ficheiro.

       Por exemplo, para o selo «selo.png» crearíase outro ficheiro chamado
       «selo_mirror.png», que se usará cando o selo se reflicta (no canto de
       usar unha versión ao revés de «selo.png».

       A partir de Tux Paint 0.9.18, de xeito similar pode fornecer unha
       imaxe previamente invertida con «_flip» no nome e/ou unha imaxe que se
       reflicta e inverta, denominándoa «_mirror_flip».

       Nota: Se o usuario inverte e reflicte unha imaxe e non existe un
       «_mirror_flip» deseñado previamente, mais si un «_flip» ou un
       «_mirror» , usarase e reflectirase ou inverterase, respectivamente.

     ----------------------------------------------------------------------

Tipos de letra

     Os tipos de letra empregados por Tux Paint son TrueType Fonts (TTF).

     Simplemente colóqueas no directorio «fonts». Tux Paint cargará o tipo de
     letra e fornecerá catro tamaños diferentes no selector de «Letras» cando
     empregue as ferramentas «Texto» e «Etiqueta».

     ----------------------------------------------------------------------

«Imaxes de comezo»

     As imaxes « de inicio» aparecen no diálogo «Novo», xunto con opcións de
     fondo de cor sólida.

     Cando usa unha imaxe «de inicio», fai modificacións e a garda, a imaxe
     «de inicio» orixinal non se sobreescribe. Ademais, ao editar a súa nova
     imaxe, o contido da imaxe «de inicio» orixinal pode afectala.

  Imaxes «de comezo» ao estilo dun libro para colorar

       O tipo máis básico de imaxe «de inicio» é semellante a unha imaxe dun
       libro para colorar. É un esquema dunha forma que logo pode colorar e
       engadir detalles. En Tux Paint, mentre debuxa, escribe texto ou
       estampa selos, o contorno segue «por riba» do que debuxa. Pode borrar
       as partes do debuxo que fixo, mais non pode borrar o contorno.

       Para crear este tipo de imaxe «de inicio», simplemente cree unha imaxe
       en branco e negro nun programa de pintura e gárdea como ficheiro PNG
       rasterizado ou SVG vectorial. Se o garda como PNG, opcionalmente pode
       renderizar a imaxe en negro e transparente no canto de en branco e
       negro, mais (a partir do Tux Paint 0.9.21) isto non é necesario.

  Imaxes «de comezo» ao estilo dunha escena

       Xunto coa superposición de estilo «libro para colorar», tamén pode
       fornecer unha imaxe de fondo separada como parte dunha imaxe «de
       inicio». A superposición actúa igual: non pode ser debuxada, borrada
       nin afectada polas ferramentas de «Maxia». Porén, o fondo pode si o
       pode ser ser.

       Cando a ferramenta «Goma» se usa nunha imaxe baseada neste tipo de
       imaxe «de comezo», no canto de converter o lenzo a unha cor sólida,
       como o branco, devolve esa parte do lenzo á imaxe de fondo orixinal
       dende o imaxe «de comezo».

       Ao crear unha superposición e un fondo, pode crear unha imaxe «de
       inicio» que simule a profundidade. Imaxine un fondo que amosa o océano
       e unha capa que representa a imaxe dun arrecife. Após pode debuxar (ou
       estampar) peixes na imaxe. Aparecerán no océano, pero nunca «diante»
       do arrecife.

       Para crear este tipo de imaxe «de inicio», simplemente cree unha
       superposición (con transparencia) e gárdea como PNG. A continuación,
       cree outra imaxe (sen transparencia) e gárdea co mesmo nome de
       ficheiro, pero con «-back» (abreviatura de «fondo») engadido ao nome.
       (p. ex.: «imaxe-de-comezo-back.png» sería a imaxe de fondo do océano
       que corresponde á superposición ou primeiro plano.)

     Para obter os mellores resultados, imaxes «de comezo» debería ter polo
     menos o mesmo tamaño que o lenzo de debuxo de Tux Paint. (Vexa a sección
     «Cargar outras imaxes en Tux Paint» da documentación principal de Tux
     Paint (README – LÉAME) para os detalles sobre o tamaño.) Se non o son,
     estiraranse ou escalaranse. Isto faise sen afectar a forma («relación de
     aspecto»); con todo pódense aplicar algunhas manchas nos bordos.

     Colóqueas no directorio de «starters». Cando se accede ao diálogo «Novo»
     en Tux Paint, as imaxes «de comezo» veranse na pantalla que aparece,
     após as distintas opcións de cor sólida.

     Nota: As «Imaxes de comezo» están «anexadas» ás imaxes gardadas, a
     través dun pequeno ficheiro de texto que leva o mesmo nome que o
     ficheiro gardado, pero con «.dat» como extensión. Isto permítelle seguir
     afectando ao debuxo incluso após saír de Tux Paint, ou se cargue outra
     imaxe ou se cree unha nova imaxe. (Noutras palabras, se un debuxo se
     basea nun imaxe «de comezo», sempre se verá afectado por el.)

     ----------------------------------------------------------------------

«Modelos»

     As imaxes «modelo» tamén aparecen no diálogo «Novo», xunto coas opcións
     de fondo de cor sólida e «imaxes de comezo». (Nota: Tux Paint antes da
     versión 0.9.22 non tiña a función «Modelo»).

     A diferenza das imaxes debuxadas en Tux Paint polos usuarios e abertas
     despois, a apertura dun «modelo» crea un novo debuxo. Cando garda, a
     imaxe «modelo» non se sobreescribe. A diferenza das «imaxes de comezo»,
     non hai unha «capa» inmutábel por riba do lenzo. Pode debuxar sobre
     calquera parte del.

     Cando a ferramenta «Goma» se usa nunha imaxe baseada neste tipo de imaxe
     «modelo», no canto de converter o lenzo a unha cor sólida, como o
     branco, devolve esa parte do lenzo á imaxe de fondo orixinal dende o
     imaxe «modelo».

     Os «modelos» son simplemente ficheiros de imaxe (en formato PNG, JPEG,
     SVG ou KPX (KidPix)). Non debe ser necesaria ningunha preparación nin
     conversión.

     Para obter os mellores resultados, imaxes «modelo» debería ter polo
     menos o mesmo tamaño que o lenzo de debuxo de Tux Paint. (Vexa a sección
     «Cargar outras imaxes en Tux Paint» da documentación principal de Tux
     Paint (README – LÉAME) para os detalles sobre o tamaño.) Se non o son,
     estiraranse ou escalaranse. Isto faise sen afectar a forma («relación de
     aspecto»); con todo pódense aplicar algunhas manchas nos bordos.

     Colóqueas no directorio de «templates». Cando se accede ao diálogo
     «Novo» en Tux Paint, as imaxes «modelo» veranse na pantalla que aparece,
     após as distintas opcións de cor sólida.

     Nota: As «Modelos» están «anexadas» ás imaxes gardadas, a través dun
     pequeno ficheiro de texto que leva o mesmo nome que o ficheiro gardado,
     pero con «.dat» como extensión. Isto permítelle seguir afectando ao
     debuxo incluso após saír de Tux Paint, ou se cargue outra imaxe ou se
     cree unha nova imaxe. (Noutras palabras, se un debuxo se basea nun imaxe
     «modelo», sempre se verá afectado por el.)

     ----------------------------------------------------------------------

Traducións

     Tux Paint admite numerosos idiomas grazas ao uso da biblioteca de
     localización «gettext». (Vexa a «Documentación de opcións» para saber
     como cambiar a configuración local en Tux Paint.)

     Para traducir Tux Paint a un novo idioma, copie o ficheiro de modelo de
     tradución, «tuxpaint.pot» (atopado no código fonte de Tux Paint, no
     cartafol «src/po/»). Cambie o nome da copia como un ficheiro «.po», cun
     nome apropiado para o idioma ao que está a traducir (p. ex.: «es.po»
     para o español; ou «pt_BR.po» para o portugués brasileiro fronte a
     «pt.po» ou «pt_PT.po» para o portugués falado en Portugal.)

     Abra o ficheiro «.po» creado recentemente: pode editar nun editor de
     texto simple, como Emacs, Pico ou VI en Linux ou NotePad en Windows. O
     texto orixinal en inglés usado en Tux Paint está coutado en liñas que
     comezan por «msgid». Introduza as traducións de cada un destes anacos de
     texto nas liñas baleiras «msgstr» directamente baixo as liñas
     correspondentes «msgid». (Nota: Non elimine as comiñas.)

     Exemplo:

       msgid "Smudge"
       msgstr "Manchar"

       msgid "Click and drag to draw large bricks."
       msgstr "Haz clic y arrastra para dibujar ladrillos grandes."

     Existen varias ferramentas para xestionar os catálogos de tradución de
     gettext, polo que non ten que editalos a man nun editor de texto. Aquí
     ten algúns:

       * Poedit
       * Gtranslator (GNOME Translator)
       * Virtraal
       * Lokalize

     Nota: É mellor traballar sempre co último modelo de catálogo de texto
     Tux Paint («tuxpaint.pot»), xa que se engade n novos textos e o texto
     antigo cambia ocasionalmente. O catálogo de texto para a próxima versión
     inédita de Tux Paint pódese atopar no repositorio Git de Tux Paint (ver:
     http://www.tuxpaint.org/download/source/git/) e no sitio web de Tux
     Paint en http://www.tuxpaint.org/help/po/.

     Para editar unha tradución existente, descargue o último ficheiro «.po»
     para ese idioma e edíteo como se describe anteriormente.

     Pode enviar ficheiros de tradución novos ou editados a Bill Kendrick,
     responsábel do desenvolvemento de Tux Paint, a:
     bill@newbreedsoftware.com, ou publicalos na lista de correo
     «tuxpaint-i18n» (vexa: http://www.tuxpaint.org/lists/).

     Como alternativa, se te unha conta con SourceForge.net, pode solicitar
     que o engadan ao proxecto «tuxpaint» e recibir acceso de escritura ao
     repositorio de código fonte de Git para que poida enviar os seus cambios
     directamente.

     Nota: A compatibilidade cos novo configuracións locais require facer
     adicións ao código fonte de Tux Paint («/src/i18n.h» e «/src/i18n.c»), e
     require actualizacións dos Makefile, para asegurarse de que os ficheiros
     «.po» están compilados en ficheiros «.mo» e están dispoñíbeis para o seu
     uso en tempo de execución.

     ----------------------------------------------------------------------

Métodos de entrada alternativos

     As ferramentas «Texto» e «Etiqueta» de Tux Paint poden fornecer métodos
     alternativos de entrada para algúns idiomas. Por exemplo, cando Tux
     Paint está a executarse co idioma xaponés, pódese premer a tecla [Alt]
     da dereita para alternar entre os modos latino, hiragana romanizado e
     Katakana romanizado. Isto permite introducir palabras e caracteres
     nativos nas ferramentas «Texto» e «Etiqueta» escribindo unha ou máis
     teclas dun teclado con caracteres latinos (por exemplo, un teclado US
     QWERTY).

     Para crear un método de entrada para un idioma novo, cree un ficheiro de
     texto cun nome baseado no idioma (por exemplo, «ja» para xaponés), con
     «.im» como extensión (por exemplo, «ja.im»).

     O ficheiro «.im» pode ter varias seccións de asignación de caracteres
     para diferentes modos de asignación de caracteres. Por exemplo, nun
     sistema de escritura de xaponés, escribir [K] [A] no modo Hiragana xera
     un carácter Unicode diferente ("か") que escribir [K] [A] no modo
     Katakana ("カ").

     Enumere as asignacións de caracteres neste ficheiro, unha por liña. Cada
     liña debe conter (separada por espazos en branco):

       * o valor Unicode do carácter, en hexadecimal (pode enumerar máis dun
         carácter, separados por dous puntos («:»), permitindo que algunhas
         secuencias se asignen a palabras)
       * a secuencia de código de teclas (os caracteres ASCII que se deben
         introducir para xerar o carácter Unicode)
       * un sinalador (ou «-» se non hai ningún)

     Inicie seccións adicionais de asignación de caracteres cunha liña que
     conteña a palabra «section».

     Exemplo:

       # Hiragana
       304B ka -
       304C ga -
       304D ki -
       304E gi -
       304D:3083 kya -
       3063:305F tta -

       # Katakana
       section
       30AB ka -
       30AC ga -
       30AD ki -
       30AE gi -

     Nota: Ignoraranse as liñas en branco dentro do ficheiro «.im», así como
     calquera texto que teña un carácter «#» (grella). Isto pódese usar para
     denotar comentarios , como se ve no exemplo anterior.

     Nota: Os significados dos sinaladores son específicos da configuración
     local e son procesados ​​polo código fonte específico do idioma en
     «src/im.c». Por exemplo, «b» úsase en coreano para tratar Batchim, que
     pode pasar ao seguinte carácter.

     Nota: A compatibilidade cos novo input methods require facer adicións ao
     código fonte de Tux Paint ("/src/im.c"), e require actualizacións dos
     Makefile, para asegurarse de que os ficheiros «.im» están dispoñíbeis
     para o seu uso en tempo de execución.

     ----------------------------------------------------------------------

Teclado en pantalla

     A partir da versión 0.9.22, as ferramentas «Texto» e «Etiqueta» de Tux
     Paint poden presentar un teclado en pantalla que permite utilizar o
     punteiro (mediante un rato, sistemas de seguimento de ollos, etc.) para
     introducir caracteres. Os ficheiros que describen o deseño e as claves
     dispoñíbeis almacénanse no directorio «osk» de Tux Paint. Cada deseño de
     teclado está definido por varios ficheiros (algúns dos cales poden ser
     compartidos por diferentes deseños).

     Usaremos o teclado QWERTY como exemplo:

  Ficheiro de visión xeral da disposición («qwerty.layout»)

       Este é un ficheiro de texto que especifica os outros ficheiros
       empregados para describir a disposición e as asignacións de teclas.

         layout qwerty.h_layout
         keymap us-intl-altgr-dead-keys.keymap
         composemap en_US.UTF-8_Compose
         keysymdefs keysymdef.h
         keyboardlist qwerty.layout default.layout

       Nota: Ignoraranse as liñas en branco dentro do ficheiro «.layout», así
       como calquera texto que teña un carácter «#» (grella). Isto pódese
       usar para denotar comentarios , como se ve no exemplo anterior.

       A liña «keyboardlist» describe a que esquemas cambiar, cando o usuario
       preme nos botóns esquerdo e dereito do teclado. (Ver máis abaixo.)

  Ficheiro de disposición do teclado («qwerty.h_layout»)

       Isto describe o tamaño do teclado (como unha reixa de «largo × alto»)
       e lista cada tecla co seu código numérico (ver o ficheiro «keymap»,
       máis abaixo), o largo no que debería debuxarse ​​(normalmente «1.0»,
       para ocupar un espazo no teclado, pero no seguinte exemplo, teña en
       conta que as teclas «TAB» e «SPACE» son moito máis largas), o carácter
       ou o texto que se amosará na tecla, dependendo das teclas
       modificadoras premido (unha para cada unha: sen
       modificadores,[Maiúsculas],[AltGr] e [Maiúsculas] + [AltGr]) e,
       finalmente, se a tecla está afectada ou non pola tecla [BloqMaiús]
       (use «1») ou a tecla [AltGr] (gráficos alternativos) ( use «2»), ou
       non (use «0»).

         WIDTH 15
         HEIGHT 5

         KEY 49 1.0 ` ~ ` ~ 0
         KEY 10 1.0 1 ! ¡ ¹ 0
         KEY 11 1.0 2 @ ² ˝ 0
         KEY 12 1.0 3 # · ³ 0
         KEY 13 1.0 4 $ ¤ £ 0
         KEY 14 1.0 5 % € ¸ 0
         KEY 15 1.0 6 ^ ¼ ^ 0
         ...
         KEY 21 1.0 = + × ÷ 0
         KEY 22 2.0 DELETE DELETE DELETE DELETE 0

         NEWLINE

         KEY 23 1.5 TAB TAB TAB TAB 0
         KEY 24 1.0 q Q ä Ä 1
         KEY 25 1.0 w W å Å 1
         KEY 26 1.0 e E é É 1
         KEY 27 1.0 r R ® ® 1
         ...

         NEWLINE

         # A frecha cara á esquerda cambiará ao teclado anterior
         KEY 2 1.0 <- <- <- <- 0

         KEY 133 2.0 Cmp Cmp Cmp Cmp 0

         # As teclas ALT ou ALTGR úsanse no método de entrada (im) para
         cambiar o modo de entrada
         KEY 64 2.0 Alt Alt Alt Alt 0

         # Espazo
         KEY 65 7.0 SPACE SPACE SPACE SPACE 0

         KEY 108 2.0 AltGr AltGr AltGr AltGr 0

         # A frecha cara á dereita cambiará ao seguinte teclado
         KEY 1 1.0 -> -> -> -> 0

       Teña en conta aquí que as teclas alfabéticas ([Q],[W], etc.) serán
       afectadas por [BloqMaiús], mentres as teclas numéricas ([1], [2],
       etc.), [Espazo], etc., non o farán.

       Os códigos de tecla ata «8» están reservados para uso interno. Os que
       se usan actualmente descríbense a continuación.

         * 0 — botón baleiro
         * 1 — seguinte disposición (segundo o axuste «keyboardlist» do
           ficheiro de disposición)
         * 2 — disposición anterior (segundo o axuste «keyboardlist» do
           ficheiro de disposición)

  Ficheiro do mapa do teclado («us-intl-altgr-dead-keys.keymap»)

       Este ficheiro define que códigos das teclas numéricas (vistos nos
       ficheiros de disposición de teclado, como «qwerty.h_layout» descrito
       anteriormente) deben asignarse a que caracteres reais que unha
       aplicación como Tux Paint agarda recibir cando se premen as teclas
       (por exemplo, nun teclado real).

       Se está a usar un sistema operativo como Linux, que executa X-Window e
       ten dispoñíbel a ferramenta de liña de ordes «xmodmap», pode executala
       coa opción «print keymap expressions», «-pke», para xerar un ficheiro
       de mapa de teclas.

         keycode 9 = Escape NoSymbol Escape Escape
         keycode 10 = 1 exclam exclamdown onesuperior 1 exclam 1 exclam
         NoSymbol onesuperior
         keycode 11 = 2 at twosuperior dead_doubleacute 2 at 2 at onehalf
         twosuperior
         keycode 12 = 3 numbersign periodcentered threesuperior dead_macron
         periodcentered
         ...
         keycode 52 = z Z ae AE Arabic_hamzaonyeh asciitilde guillemotright
         NoSymbol Greek_zeta Greek_ZETA U037D U03FF
         keycode 53 = x X x X Arabic_hamza Arabic_sukun guillemotleft
         NoSymbol Greek_chi Greek_CHI rightarrow leftarrow
         keycode 54 = c C copyright cent Arabic_hamzaonwaw braceright
         Greek_psi Greek_PSI copyright
         keycode 55 = v V v V Arabic_ra braceleft Greek_omega Greek_OMEGA
         U03D6
         keycode 56 = b B b B UFEFB UFEF5 Greek_beta Greek_BETA U03D0
         keycode 57 = n N ntilde Ntilde Arabic_alefmaksura Arabic_maddaonalef
         Greek_nu Greek_NU U0374 U0375
         keycode 58 = m M mu mu Arabic_tehmarbuta apostrophe Greek_mu
         Greek_MU U03FB U03FA
         keycode 59 = comma less ccedilla Ccedilla Arabic_waw comma comma
         less guillemotleft
         keycode 60 = period greater dead_abovedot dead_caron Arabic_zain
         period period greater guillemotright periodcentered
         keycode 61 = slash question questiondown dead_hook Arabic_zah
         Arabic_question_mark slash question
         keycode 62 = Shift_R NoSymbol Shift_R Shift_R
         ...

  Ficheiro do mapa de composición («en_US.UTF-8_Compose»)

       Este ficheiro describe caracteres individuais que poden ser compostos
       por varias entradas. Por exemplo, pódese usar «[Composición]» seguido
       de «[A]» e «[E]» para crear o carácter «æ».

       O ficheiro que vén con Tux Paint está baseado no mapa de composición
       UTF-8 (Unicode) en inglés dos EUA que vén co Sistema X Window de
       X.Org. A versión actual da biblioteca Xlib dispón dunha páxina en
       https://www.x.org/releases/current/doc/libX11/i18n/compose/en_US.UTF-8.html.

  Ficheiro de definición Keysym («keysymdef.h»)

       Este ficheiro (que é un ficheiro de cabeceira da linguaxe de
       programación C) tamén é do Sistema X Window. Define os valores Unicode
       de cada tecla (p. ex.: «XK_equal» corresponde a «U+003D», para o
       carácter «=» («EQUALS SIGN»).

       Nota: este ficheiro non se compila en Tux Paint, senón que se le e
       analiza no tempo de execución.

       É pouco probábel que se precise algunha modificación neste ficheiro.

     ----------------------------------------------------------------------
